Na entrega deste martes de “Mellor Xuntos”, o equipo do programa achégase ata Vigo para coñecer polo miúdo a César Freiría, da orquestra Pantasma, e ao fabricante de xoguetes Ambrosio, que forman a cooperativa Miudiño, que combina actuacións musicais con xoguetes.  Ademais, tamén visita Vilagarcía da man de Ana Baños para coñecer varias mullres que traballan en Dalleqdalle, un espazo de coworking cooperativo e de promoción de iniciativas.  Coñecemos tamén Eira de Mouros, no Ribeiro. Nesta pequena vila, preto do concello ourensán de Leiro, botou a andar Cume do Avia, unha cooperativa formada por varios entusiastas da viticultura ecolóxica. O percorrido de “Mellor Xuntos” remata na ría de Arousa, onde agarda José Vázquez, da cooperativa Galicol, que se dedica a dominar caracois, á helicicultura.