“Mellor Xuntos” desprázase a Compostela para conversar con Esther Sobral e os seus compañeiros do Conservatorio Histórico de Santiago. Esta é unha iniciativa cuxa finalidade é manter funcionando unha institución herdada dos tempos de Carlos III. Despois, os reporteiros visitan en Agolada a Lorena Vence e o seu pai Alfonso, e con eles aprenden algo máis acerca da produción ecolóxica de ovos e queixos. Alí amósanlles unhas galiñas que viven ao seu aire e entran e saen da casa cando lles peta. A viaxe continua por Gondomar, onde Valmotor está iniciando unha aventura de cooperativa de mecánica de automóbil, un mundo onde os vellos mecánicos seguen a ser necesarios, aínda que a electrónica faga que algúns teñan que converterse en "hackers".   A xornada remata coa xente de A Nosa Enerxía, unha cooperativa de consumo que pretende fornecer os fogares de enerxía limpa e renovable.