“Mellor Xuntos” fala con Sonia e os seus amigos de Amarelante. Esta cooperativa xorde hai tres anos para recuperar soutos en estado de abandono e dedicalos a produciren castañas de calidade, con selo de orixe. A continuación, os reporteiros do espazo trasládanse a Vigo para coñecer a Juan Gómez e as súas compañeiras de Xedega, unha xestora que leva moitas cooperativas de Galicia e que participa da filosofía do traballo en común. “Mellor Xuntos” remata en Covelo, onde descobre os segredos dun proxecto moi sigular, Árbore da vida celta, unha iniciativa enfocada a transmitir experiencias, coñecementos e servizos relacionados coa saúde e o benestar.