Desde a igrexa de San Domingos de Bonaval, acto de imposición das Medallas Castelao 2018, coas que a Xunta de Galicia distingue cada 28 de xuño, coincidindo co retorno a Galicia dos restos de Castelao, a obra e o labor de entrega dunha vida, en calquera faceta da actividade humana, de galegos e galegas merecedores do recoñecemento do resto da sociedade. Este ano a distinción recae nos carteiros rurais que traballan para Correos en Galicia, a arquitecta Isabel Aguirre, a investigadora médica María José Alonso Fernández, o empresario téxtil Jesús Domínguez e o sacerdote e cofundador do grupo Fuxan Os Ventos, Xesús Mato.  O xornalista Xesús Fontenla encargouse de presentar o acto, que foi comentado por Xosé Manuel Maseda para a TVG.