Aínda que pareza un paradoxo, “Baixo terra” non é unha estrataxema de Carmelo, senón un claro aviso dos Matalobos para quen é o seu novo inimigo a bater, o descoñecido e desconcertante Aníbal, a quen vai dirixida unha mensaxe contundente: A Sardiñeira é territorio dos Matalobos. Carmelo se negará a reunirse cun home que non sabe de onde vén e que agocha negocios que van máis alá do narcotráfico. Tampouco está moito mellor a situación no clan dos Veloso, onde, ante a falta de control, Vanesa está collendo o mando sendo ela a que está a negociar directamente con Aníbal, mentres que Mateo afunde cada vez máis nas súas adiccións. No posto da Sardiñeira, a tenente Seixas recibe unha noticia que podería cambiar o curso das súas investigacións, cando uns cans de caza localizan restos de ósos humanos nun monte e a pregunta que se fai agora o capitán e se poden ser os dos desaparecidos Marcos Matalobos e Sara, porque de confirmarse sería o golpe definitivo para deter a Carmelo.