Coas últimas investigacións da Garda Civil pisándolle os calcañares e cunha Vanesa Viaño en alerta para non permitir deixarse arrebatar o poder conseguido co clan Veloso, Carmelo Matalobos quere volver reinar na Sardiñeira, custe o que custe, así que lle vai propoñer a Adriana Calderón un novo sistema de transporte da droga, o de mulas, forzando o regreso a casa de súa irmá, Claudia, e o home desta, Lois, para aproveitar a debilidade económica do cuñado e ofrecerlle este traballo.Mentres, no posto da Garda Civil crece a preocupación pola situación da axente infiltrada Irene, que xa traspasou unha delicada liña con Carmelo, así que o capitán intenta abortar a operación, precisamente cando Matalobos está a utilizala como cebo fronte a Mateo Veloso, unha xogada perigosa que a infiltrada está disposta a realizar para gañar a confianza do narcotraficante.A que comeza a estar en perigo é Adriana Calderón, como responsable do proxecto "Volve a casa", cando a Garda Civil comeza a investigar a