Descubrir a verdadeira historia de Álvaro Matalobos, este é o temor do xefe dos Matalobos, que ve como a investigación de Sara e Marcos sobre a morte do patriarca segue achegándose aos verdadeiros culpables e obriga a que Carmelo se poña tamén a investigar á súa maneira. Namentres, a elección de Diego como chibo expiatorio das culpas dos Matalobos comeza a ter consecuencias pois a xuíza Mosteiro só estaría disposta a negociar unha presa, Carmelo Matalobos; o xefe do clan atópase nunha posición complicada...