Os Matalobos enfróntanse a unha situación que endexamais houberan imaxinado. A familia, pasa nos últimos tempos por unha serie de problemas que semellan non rematar. Agora que, por fin, lograran resolver a súa débeda con Arturo Campos, o clan terá que facer fronte a unha nova complicación que xurdirá no corazón da propia familia. Iván e o seu amigo Nano, tiveran un accidente co coche de Carmelo e fuxiran sen lle prestar auxilio á vítima, un neno de dez anos. Cando Carmelo o descobre, apresúrase a ocultar...