A misteriosa desaparición de Tomás e a chegada ó barrio de Victoria, a súa ex-muller, son os maiores acontecementos que se viviron en "Os Anxos" en moito tempo. Raquel pronto descubrirá que a relación entre Victoria e Gloria é tensa. Esta última, as agachadas da súa nora, fai o que está nas súas mans para saber do paradoiro de Tomás. Por outra parte, Susana terá que amañarse na casa sen a axuda de Mónica, o que provocará unha crise entre Susana e súa familia. Entre tanto, Román trata de que a súa muller asuma que están arruinados, pero Ana garda as apariencias diante de todos.