Álex dedícase a vender falsificacións chinas, un negocio exitoso que conta coa aprobación da súa nai, aínda que Román non o vexa con bos ollos. Unha actitude difícilmente comparable á de Raquel, que está a punto de descubrir que a súa filla adolescente está embarazada. Por riba, Pacho preséntase coma un pai moi "liberal". Allea a estas lides, Susana enfróntase a un empresario xamoneiro, que intenta subornala para que outorgue un trato preferencial ós seus produtos.