O pasado acada ós habitantes dos Anxos. Gloria está a piques de descubrila identidade do "amigo" de Raquel, un home relacionado co seu pasado que coa súa chegada complicará aínda máis as cousas. Mentres, Mónica, que se sente desprazada por Amalia, tentará recuperar súa posición na casa da súa irmá. Pero o pasado tamén pesa sobre Ana e Victoria. á primeira asáltanlle as lembranzas felices do seu matrimonio, e non sabe que facer con David. En canto a Victoria, sofre a extorsión de Delia, que coñece o seu segredo.