Iria inventa unha desculpa para que Andrés e María queden a cear a soas. Mentres tanto, Berta ten tamén unha cita, pero non con Petróleo, senón con Pascal, un bretón estafador que Petróleo coñece ben. O motivo da súa chegada á vila é estafar a Ramón Couto e sacarlle cartos meténdoo na busca dun galeón afundido que, supostamente, estaba cheo de ouro. Ramón, convencido por Pascal e polo incauto de Ladislao, termina por crer a historia e cae na estafa. Petróleo, que xa coñece a Pascal de tempo atrás, preocúpase polo que poida estar tramando na vila. Florencio investigou pola súa conta a historia do galeón cargado de ouro e descobre que é falsa: o barco non chegaba a Portozás, senón que saía, e polo tanto, non podía levar ouro dentro. Petróleo sae de dúbidas, desenmascara a Pascal, pídelle que marche da vila e recupera os cartos de Couto. A Berta non a recupera porque nunca a perdera.