Maracas, un vello mariñeiro de Portozás, visita o bar e cubre un boleto da bono-loto utilizando as idades dos presentes para escolle-los números. Días despois, Maracas morre. De volta o funeral, todos comproban que a combinación daquel boleto resultou premiada. Ninguén sabe onde está a bono-loto millonaria, pero Andrés asegura que aquel que a atope poderá cobra-lo premio. Todos buscan o boleto sen éxito ata que, por fín, Mangüi o atopa agachado no mascarón de proa do bar. É a imaxe dunha muller que Maracas sempre asociou a Consuelito, unha cantante cubana que fora o amor da súa vida. Avergoñados polo seu egoísmo, todos deciden que cos cartos do boleto deberían cumpri-la última vontade de Maracas: traer a Consuelito de Cuba para que actúe en Portozás. A artista xa está morta, pero conseguen que a súa filla cante na praza da vila en recordo de Maracas. Menéndez, un avogado laboralista, visita a Andrés para pedirlle axuda nun caso de corrupción do que só él pode ter probas. Hai anos, o