Ladislao Couto volveu mete-la pata. Envasou polbo Grand Meunier en conserva e non puido coloca-lo producto no mercado. Como solución, ocórreselle crear unha festa gastronómica en Portozás dedicada ó polbo á Grand Meunier. Cando Ladislao llo vai contar a Celia e despois ó resto da vila, atópase cun problema inesperado: todos queren unha festa gastronómica, pero pretenden organizar un concurso de ideas para decidi-lo producto protagonista, e o polbo Grand Meunier non ten moitos defensores. Vai saír elixido o peixe espada, pero, desgraciadamente, toda a pesca do momento está xa vendida. Mónica visita Portozás en compaña de Isozaki, un empresario xaponés que pretende investir en algas medicinais. Mentres Mónica aproveita para intentar reinicia-la súa relación con Andrés, Isozaki revoluciona a vida de Portozás. O xaponés descubrirá que as algas que hai nas praias da vila non teñenpropiedades medicinais, pero sí son comestibles. Un manxar típico de Xapón que solucionará o problema da festa