Andrés consegue que María firme os papeis necesarios para solicita-la pensión de viuvez e, mentres, investiga o naufraxio do desaparecido Suso Maroto falando con un dos mariñeiros que viaxaban con el aquel día. O pescador declara no seu momento que, cando o barco estaba a piques de afundirse, escoitaran entre a néboa a buguina doutra nave, se cadra unha nave que puido recoller a Suso no naufraxio. Andrés perdería así a convicción íntima necesaria para declarar legalmente viúva a María Ares, pero o pescador fala con él e bótase atrás na súa declaración: non houbo buguina nin outro barco entre a néboa e Suso, inevitablemente, está morto. Asegura que aquela declaración primeira a fixera para darlle esperanzas a María. A vila enteira mobilízase para consegui-lo indulto para Mangüi. Paula consegue que visite Portozás, Carme Avandaño, voceira da asociación "Érguete" de nais contra a droga. A pequena dos Couto vaise enfadar co seu pai, Ramón, porque entende que non fai nada por axudar a Man