A chegada dun grupo de xitanos que se dedican a recoller cartón e a vendelo, coincide coa desaparción dun motor fóra borda, e levántanse opinións encontradas sobre a inocencia ou a culpabilidade dos xitanos. Por outra banda, Ladislao, vaise someter a unha operación cirúrxica, o que toma moi dramáticamente non querendo dicir a ninguén de que se trata. Berta, nun principio non o quere descubrir, pero, como a preocupación de todos pola saúde de Ladislao vai crecendo, decide contarlles a verdade. As emisións dunha radio pirata provocan o enfado dos veciños, xa que a locutora demostra sabe-la vida de todos e aproveita a circunstancia para burlarse deles. Por fín descúbrese quen está detrás desta nova emisora. Por outra parte, don Florencio mándalles facer unhas láminas ós rapaces e aproveita para ensinarlles a súa nova caixa de compases, que non tarda en desaparecer misteriosamente...