Ladislao emprende unha nova faceta profesional: vai ser representante artístico. O concello será o seu primeiro cliente. Hai diversidade de opinións sobre o grupo que vai vir actuar a Portozás; trala discusión chega o acordo e Ladislao empeza coas xestións pertinentes. Peroprodúcese un mal entendido e Ladislao acaba contratando un grupo de strip-tease masculino. Os comentarios machistas provocarán que a alcaldesa decida que o grupo contratado veña a Portozás. Cando xa todos están máis ou menos afeitos á idea, chaman a Ladislao para comunicarlle que o grupo pode ir. Celia non acepta que se suspenda a actuación e Ladislao, como sempre, non atopa outra maneira de soluciona-lo problema. Ó final, a grande sorpresa será que os homes de Portozás se deciden a facer eles o número de strip-tease previsto, por cartos, claro. Paula e Celia falan da discusión que mantiveron a alcaldesa e máis Couto en antena. Paula non está disposta a que iso se repita. Celia accede a non participar máis nas emis