Iria enfróntase a María porque a culpa da marcha do pai. A situación empeora cando os rapaces na escola empezan a insultala e a falarlle do seu pai e da relación entra a súa nai e Andrés. a nena falta á escola e non quere falar coa súa nai. Fito cóntalle a Florencio o motivo polo que Iria non vai á escola e o mestre ten unha charla cos rapaces na que lles recrimina o seu comportamento. María preséntase no xulgado e dílle a Andrés que Suso fuxíu, tamén lle conta a súa preocupación por Iria e distánciase do xuíz para evitar máis problemas. Andrés fala con Iria e convéncea de que non ten que culpar a súa nai do que ocorreu. Ó final nai e filla reconcílianse e Iria volta á escola, onde recibirá as desculpas dos seus compañeiros. Por outra banda, Paula anuncia que vai facer unha proba de voces en Portozás para buscar locutores para a emisora. As probas resultan todas un desastre, o único que conseguirá é que Celia e Couto se empeñen en ter un programa propio, peticións que ela non acepta.