María interroga a Suso sobre a súa actitude con Andrés e sobre como conseguíu sair do cárcere. Maroto responde con evasivas e réstalle importancia ao proceso legal ao que se ten que enfrontar. Andrés confésalle a Berta as súas dúbidas sobre Maroto e a súa preocupación por María. Decide ir falar con ela, pero a conversa acabará en discusión porque María ponse incondicionalmente de parte de home, aínda que no fondo está totalmente desorientada. Suso tamén se desculpa ante Iria e recupera o apoio total da familia. Pero volta aparece-lo avogado para comunicarlle que ten que marchar do país. Como xa non ten escapatoria, Maroto acaba por confesarlle a María a súa culpabilidade e a súa decisión de marchar e de levalas a ela e a Iría con él. María oponse e intenta convencelo de que quede e de que cumpra coa xustiza, pero Maroto non accede e fuxe só. Berta e Petróleo reinician a súa convivencia despois da fin de semana que pasaron separados, pero a cousa segue sen ir ben. Os dous recoñecen,