Andrés chega a Portozás coa intención de sabe-lo que pasou con Suso Maroto. María cóntalle os detalles da detención, e él promete axudarlle. Andrés visita a Suso no cárcere para ofrecerlle a súa axuda, e interrógao, pero o home de María négase a darlle respostas e remata reprochándolle ó xuíz a relación que mantivo coa súa muller. María, angustiada, confía en que se solucione todo, ata que Andrés lle conta que Suso non está disposto a colaborar e que ademais él dubida da súa inocencia. Ó final Suso Maroto obtén a liberdade provisional gracias á intervención dun avogado que ninguén sabe de onde sae e que paga unha fianza millonaria. Por outra banda, Petróleo e Berta inician unha convivencia na que cada un fai auténticos esforzos por comprender e desculpa-los erros que comete o outro. Sen embargo os dous saben que a cousa non vai ben e, cada un polo seu lado, pensa nunha posible solución. Pero de novo volven a diferir; Berta quere pasar unha fín de semana nun balneario e Petróleo quere