Petróleo está a buscar comprador para o Cazador xa que ó quedar sen tripulación non pode saír co barco; ademais unha lei da Comunidade Europea dí que o cazador é grande de máis do que dín os papeis. Finalmente Couto merca o barco. A Rosa chéganlle unhas probas que finalmente confírmanlle que non está embarazada, sen embargo seguen adiante coa súa futura casa. A temporada de pesca da lura comeza en Portozás desatándose unha febre entre todo o mundo, incluído Viriato que nunca na súa vida pescara.