A xente de Portozás prepara as despedidas de solteiros de María e Viriato. As cousas non saen como debería pero ó final todo se resolve. As dúas despedidas rematan xuntas e felices, con boys e bailarinas de strip-tease incluídas. María recibe unha descarga eléctrica que lle produce visións. Esto desencadea unha preocupación pola despedida de Viriato. No medio da súa propia festa ve que a Viriato lle vai dar unha  descarga. Marcha correndo á discoteca, consegue salvar a Viriato e recibe outra descarga que anula os efectos da anterior.