Petróleo oe voces na poza do roncudo cando está aprendendo a nadar. Ninguén cre que realmente haxa unha fantasma ata que Ramón conta que un neno afogou nesa poza. O neno resulta se-lo irmán do tío Casiano, que morreu intentando recupera-lo reloxo que lle regalaran pola comunión e que seu irmán tirou á poza. Pedriño, axudado por Petróleo e Carlos consegue darlle o reloxo ó seu irmán e dicirlle que descanse tranquilo que non lle ten rancor. Foron cousas de nenos.