O pincheiro "Kubala", propiedade de Ramón Couto, chama a terra e anuncia que chega coa pesca do século. Na vila estase organizando a Festa dos Franceses, unha celebración que recorda o rescate dunha tripulación francesa que naufragou fronte á costa de Portozás hai 70 anos e que se salvou gracias á intervención dos veciños. Celia, a alcaldesa, está preocupada porque non ten un pregoeiro para a festa e non quere que volva ser Florencio, como tódolos anos. Ladislao ofrécese para buscarlle un pregoeiro famoso, e Celia acepta. Entrementres, os rapaces buscan tamén un famoso que saia na televisión e queira ir a Portozás para ve-lo seu grupo infantil de baile rexional. Andrés invita a María á Festa dos Franceses, pero ela dubida polo que dirá a xente -se os ven xuntos todos pensarán que xa son parella- e, sobre todo, polo que dirá Iria. Pero Andrés, bastante torpe, cóntallo a Iria antes de que María tome unha decisión e ela enfádase. Non pensa ir á festa. No "Kubala" xorden problemas. Unha