María firma definitivamente os papeis para solicitar a súa pensión de viuvez. Para ela é difícil aceptar que é legalmente viúva e ter un papel firmado no que se asegura que o seu home está morot. Eses días, Andrés intenta achegarse a ela, pero María está triste e evasiva. Por fín o xuíz consegue falar con ela e ambos parecen asumi-los seus sentimentos. Bícanse. Mentres tanto, Paula recibe a visita de Robert, un neoiorquino fillo de emigrantes galegos co que mantiña unha relación a distancia a través de Internet. Paula mentíralle a Robert para facerlle crer que a súa vida e o seu traballo eran máis apaixoantes do que en verdade son, e ten que pedirlles axuda a Petróleo e a Mangüi para mante-la súa mentira. Os dous aceptan, pero pronto descubrirán que o que Paula lle contou deles a Robert non é precisamente apaixonante. Iria, Fito e os nenos de Portozás, terán que mobilizarse para evitar que Ramón Couto bote abaixo o coñecido como "o carballo da pedra", unha árbore centenaria que está n