A Televisión de Galicia ofrece esta noite o terceiro programa, titulado “Por min que chova...”, gravado no Auditorio do Centro Ágora da Coruña. David Perdomo exerce nesta función de convidado e a actriz local Marita Martínez completa o elenco liderado por Lucía Regueiro, a presentadora do formato. Desta volta, son protagonistas desde un inspector camuflado da prestixiosa Guía Michelín ata a familia dunha particular residente nun centro da terceira idade. Non faltan as referencias á cidade herculina, cunha guía turística cuns métodos pouco ortodoxos para explicarlles aos visitantes as características dos monumentos máis relevantes da cidade.  Títulos das historias que se representan: - Aterra como poidas - Publicidade enganosa - Encontro no ascensor - A guía turística accidental - O cocho sinfónico - Accidentes subconscientes - A estrela Michelín - Unha avoa con moita marcha - Tensión sexual non resolta