Para o sexto programa, gravado no Auditorio Municipal da Illa de Arousa, o versátil Carlos Blanco exerce nesta función de convidado, xunto ao actor local Ramón Suárez, e completan o coñecido elenco de actores que conforma esta proposta televisiva. Nesta ocasión coñecemos as tradicións das mariscadoras da Arousa, que loitan contra o furtivismo dos turistas, á súa maneira, cambiándoos por cada longueirón desenterrado. E á hora de mercar mobles, asistimos á peregrinación dunha señora da vila que decide achegarse a unha multinacional da Coruña e non consegue entenderse co empregado. "Malo será" tampouco se esquece do amor ou do desamor, como ingredientes para ofrecer o mellor humor de Galicia.Títulos das historias que se representan: - Unha cea moi estraña. - Piso con vistas. - A cadeira que veu de Europa. - Miña moza, a enfermeira. - Unha comida especial. - Terapias alternativas. - Mentiras arriscadas. - As causas perdidas.