Malo será! chega á Terra da Chispa. Aquí nas tabernas aínda é posible probar licor café sen etiqueta e bo viño. Ao menos na taberna de César e Manola, que reciben a noticia da chegada dun inspector de sanidade que pode cambiarlles a vida.  Na segunda entrega hai sketchs de todo tipo, historias coma a dun camareiro que parece coñecer todos os detalles das relacións amorosas dos seus clientes, unha vidente que –quen sabe a razón- adiviña todo o que se propón, ou unha voda en que a noiva, pero tamén o cura, reciben unha noticia coa que non contaban.  Títulos das historias que se representan: - Agardando polo inspector - A muller do lado - Ágatha Triste - Hotel Casablanca - Botellón na mansión - O fillo inesperado - Subvencións - Que fale agora