Aquí, ao elenco habitual de actores que lidera Lucía Regueiro, acompáñano algúns actores e actrices que repiten experiencia, como Eva Iglesias e Marita Martínez; e outros como Santi Romay e Carmen Méndez, que se estrean nesta aventura. Tamén estarán Pedro Brandariz, Cristina Andrade, Martín Espantoso e Duarte Galbán. Este xoves, os espectadores serán testemuñas nun exame de veterinaria moi difícil de aprobar, asistirán a unha conversa telefónica que todas as persoas seguro que tiveron algunha vez e coñecerán tamén como sería a vida dun home se puidese escoitar o que pensan as mulleres. Historias representadas: "Na fronte de batalla" "Exame de veterinaria" "Terapia de grupo" "Na parada de bus" "Póñase na cola" "O que pensan as mulleres" "Ollo por ollo" "Academia Galega de Investigación"