Los Satélites, nos seus inicios unha banda militar, foi a primeira orquestra galega en viaxar a América e tamén a mais televisiva dos anos setenta. Hoxe en día, case 80 anos despois da súa creación, seguen enchendo os campos da festa en Galicia. Capitol é a única de Galicia que organiza unha xuntanza cos seus fans para gozar dunha gran papatoria, que logra xuntar ata 500 seguidores.