Combo Dominicano orquestra que representa actualmente a chamada “conexión canaria”.  De maio a outubro, esta agrupación múdase a Galicia, onde a esperan milleiros de fans. O reporteiro Javi Rocha recibe os integrantes do Combo no aeroporto da Lavacolla, para pasar con eles unha esgotadora xornada. Coñecemos a responsable de toda a loxística nas súas xiras galegas, a señora Carmencita. Os membros da orquestra non se libran de pasar pola lupa dos nosos expertos en estilismo na sección “Verbena Style”.  O historiador e tamén experto verbeneiro, Daniel Seijas, dá as claves para entender o éxito galego desta formación musical, experta en ritmos caribeños e sons frenéticos.