“Luar” presta atención a dous acontecementos da fin de semana, o Día do Pai e o derbi Dépor – Celta. No estudio do programa volve estar Creta, a galiña adiviñadora do programa, para adiantar o resultado do encontro futbolístico. E non hai que esquecer que, polo momento, leva unha taxa de acerto do 83%.  No terreo musical, actúa Serafín Zubiri, actualmente inmerso nun novo proxecto que recupera a música dos 70, a Banda de gaitas Xarabal, a orquestra Ceniza Band e o grupo de folk Trébede . Todo acompañado polo humor de Moncho Borrajo. “Recantos” entra na súa fase final coas actuacións de Naty, do Bierzo, que interpreta “Xuntos”, e Ruth Cundíns, de Terras de Compostela, que canta “O poder do amor”.