Tras dous anos afastada dos escenarios por problemas de saúde, Pastora Soler regresa con forza á súa actividade artística, co novo disco La Calma e cunha xira musical. A cantante ofrece na TVG os primeiros sinxelos deste traballo, “Tormenta” e o tema reivindicativo “Ni una más”, cunha mensaxe referida á loita contra a violencia machista.  A Roda regresa ao escenario de “Luar” o ano en que a formación viguesa celebra o seu 40 aniversario promovendo a música tradicional galega e en galego polo mundo adiante. Para esta conmemoración, a banda publicou A Roda live/A Roda ao vivo en Ortigueira, unha recompilación de 16 temas de éxito, como “O Gato”, “O andar miudiño” ou o “Pousa, pousa”, entre outros.  Continuando cos sons da terra, o programa conta coas actuacións de Pandereteiras Sen Fronteiros, grupo de música tradicional oral de Galicia que busca a exploración e achegamento a outras culturas que teñen músicas de raíz con pandeiretas; das asociacións culturais A Regionalista e Trópico d