O espazo da TVG non pasará por alto unha celebración tan máxica coma esta e contará coa súa propia fogueira e con sardiñas para repartir entre o público. Ademais, o etnógrafo e antropólogo Manuel Mandianes falará das tradicións e lendas de San Xoán e a actuación circense de Ale Hop, unha das compañías españolas máis destacadas e veteranas neste eido, porá a nota máis espectacular da velada. No apartado musical, o espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso recibirá a visita do dúo Los del Río, que, despois de gravaren máis dunha trintena de discos. Tamén están no programa a banda ourensá Guezos e Las Grecas, a orquestra Pontevedra, a Escola de Música Tradicional do Concello de Outes, a Agrupación Cultural Traspés e os Cantareiros Cantaira.