O cantante sevillano Manu Tenorio presenta en Luar o seu último disco, “Colección Indefinida”. Tras 16 anos de carreira, o cantante inaugura unha nova etapa e faino coa maior ilusión e cun repaso tanto das súas cancións máis queridas coma dos seus maiores éxitos, así como catro novos temas, un deles “Quiero”, o seu primeiro sinxelo. O espazo presentado por Xosé Ramón Gayoso e María Mera tamén recibe a artista cubana, afincada en Barcelona, Lucrecia, un exemplo de vitalidade e de ledicia en cada unha das súas actuacións. Tamén as Tanxugueiras, que chegaron para revolucionar o panorama da música tradicional galega coas súas voces potentes e a súa actitude rebelde, presentan o seu primeiro traballo discográfico, un repertorio coidadosamente escollido e cun tratamento que conecta a tradición ibérica co maxín atlántico e os cheiros de ultramar. A selección musical complétase con Coribantes de Buchabade, a orquestra José Costas, a Banda da Escola de Música de Rianxo, o Orfeón Ría de Muros, a