Xosé Ramón Gayoso retoma o seu entusiasmo á fronte do experimentado equipo de “Luar”. Nesta ocasión, estará acompañado por unha nova copresentadora, que cada venres lle achegará frescura e espontaneidade ao programa: a xornalista Patricia Fernández Santana María Mera, a presentadora que acompañou a Gayoso na temporada pasada non se despide da familia de “Luar”, xa que pasará a ocuparse do concurso “Recantos”, que hoxe comeza unha nova edición. O programa tamén ofrecerá a actuación do gañador da pasada edición: O Chylava. Neste inicio de curso, o programa recibirá a visita da cantante malagueña Nuria Fergó, que presentará “La vida son sólo dos días”, a sintonía da Volta Ciclista a España, unha canción que fala de non perder a ilusión e loitar polo que un quere. Outra das convidadas desta noite é unha das gaiteiras galegas máis internacionais: Susana Seivane, que revolucionou o folk cun estilo propio que non fuxía das raíces e que está a presentar o seu quinto álbum, en que recolle os se