O programa ofrece, en primicia en televisión, a canción “Este vaise”, coa que o grupo de folk galego Milson’s, liderado por Bruxo Queiman, e a cantante Andrea Pousa apoian a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade da Unesco. O tema e o vídeo musical, que a formación realizou na Ribeira Sacra, exaltan as tradicións e a cultura desta terra espectacular. A cantante de copla Carmen Flores regresa ao escenario de “Luar” para interpretar temas destacados do seu amplo repertorio. E tamén a artista galega Pili Pampín. Os sons da terra seguen soando razas ás actuacións de Cantigas e Agarimos, das asociacións culturais Osorio Gutiérrez e O Son do Castro, de Sadeo Pandereteiras, de Panchos de Jolfendro e do dúo formado pola ex-recanteira Karla Lima e José Ángel Albán, cantante da orquestra Charleston Big Band, que interpretan “A túa canción”, unha versión do tema co que Amaia e Alfred representarán a España este mes de maio en Eurovisión. As actuacións musicais complétanse coa