“Luar” celebra a novena edición de “Miss Vaca”, un singular concurso con desfiles incluídos dos mellores exemplares das catro provincias galegas. No aspecto musical, o programa recibe a Camela, que presenta novo disco, “Me metí en tu corazón”. Tamén actúan o cantautor ourensán Emilio Rúa e os xemelgos Cortés, que, con só sete anos, xa teñen o seu primeiro traballo discográfico. O cartel artístico complétase coa presenza da orquestra Superfama, Pandeireteiras sen Fronteiros, Armadanzas de Laraño e Melidaos e o mentalista Pablo Raijenstein.No concurso “Vai de Baile”, sae o segundo finalista do enfrontamento entre Garañetas de Lugo e Foliadeiros de Lorient. Con respecto a “Recantos”, a primeira praza na final dispútana O Pérez, representante da comarca do Miño, e Antonio Barros, de Vigo.