“Luar” recibe o dúo andaluz Andy & Lucas. Os irmáns gaditanos interpretan o seu éxito “Aquí sigo yo” e o tema “El último beso”, do seu último álbum “Imparable”. Aproveitando a súa visita, o forzudo do programa, Roberto Rodríguez, rétaos a botar un pulso. No espazo presentado por Xosé R. Gayoso tamén actúa Yurena para cantar o seu último éxito “Fine, fine”. Nesta ocasión, os grupos galegos que soben ao escenario son Cantares do Brión; Saíñas de Xove, coa súa “Muiñeira dos Barráns”, e Lenda Ártabra, grupo ferrolán de folk, que interpreta “Covas no chan”. En “Leña á Ferreña”, enfróntanse as pandeireteiras Alba Represas, de Ponteareas, e Margarita Varela, de Carballo. O amor tamén está presente na sección “Luar de mel”, presentada por María Carballeira. En “Trucos de Barrio”, Rocío Barrio dá os mellores consellos domésticos para facilitar as tarefas do día a día. E en “Recantos”, compiten Miguel Arias, do Ourense oriental, que canta “Grítenme pedras do campo”, e mais Nere Perille, das Te