Marisiña saca o traxe de novia de Deli, e desencadéanse unha serie de problemas. Deli regálallo a Marisiña, quen pensa en darlle utilidade, todo menos poñelo pois cre que está enmeigado. Elvira presume ante Sara e Marisiña de ter casado de branco e cun traxe de seda e tul, promételles ensinarlles as fotos. Sara séntese humillada e por consello do seu home, ela tamén mente. Agora ambas deberán amosalas fotos de voda e demostrar do que presumen. O negocio dos grelos marcha máis ca ben, sen embargo cando o...