Pancho anda preocupado porque ten ilusión por ir á mili e teme que non o chamen. Telmo e Deli, deciden verse ás agachadas para evitarlle a Freire unha humillación. Laura está moi grave. Román despide a Toña e Elvira préstase a limparlle a casa para conseguir que o alcalde lle dea un traballo a seu sobriño. Panchiño recibe a boa nova de seren chamado a quintas e traspasa o local a Milucho, o sobriño de Elvira. Elías e Marisiña andan moi intrigados por descubrir quen é o amante secreto de Deli. Uns zapa...