Unha misteriosa chamada. Un suposto socio de Ramón Balseiro. Unha trampa tendida a Lupe que podería mudar o rumbo dos acontecementos. A sombra da dúbida cae en Santalla e Vilariz, onde se multiplican as preguntas que terán resposta neste novo capítulo de "Libro de Familia". Poderá María seguir simulando coa súa nai que non ocorreu nada con Óscar, que o fillo que agarda non pode ser del. Que faría Marcos se o chegase a saber? Que fará Laura, que comezaba a sobrepoñerse ao abandono de Telmo, cando reciba unha carta súa desde París? Poderán Manuel e Tomás contar co apoio do novo socio agora que a Cárnicas Santalla lle xorde como competencia unha granxa grande? A que non vacila é Carmiña, que está decidida a "cebar" ao señor Cosme coma se dun porco se tratase. É que cando se trata de gañarlle unha aposta á beata Elvira, non hai dúbidas que vallan.