Marcos e Manuel conclúen que o home que os denunciou por non contratar a Álvaro é o mesmo que, facéndose pasar por un familiar do enfermo, lles impide saber da súa saúde. Pero, dalgún xeito, as noticias acabarán por chegar. Mentres tanto, os días de Laura son o máis semellante a un pesadelo. O alcol é un refuxio para esquecer por uns intres a realidade, mais a imaxe de Telmo volve cada vez con máis forza. Pero Laura conta co apoio de Óscar e de Tomás e, por vez primeira desde que foi abandonada, mesmo pode albergar espazo para un novo amor. A que tamén se queixa da realidade é María, que, tras unha forte discusión co seu home, confésalle á súa nai que bota de menos a Óscar. Por outro lado, Cosme dille a Carmiña que fala en soños, que teña coidado co que di. Moi preocupada, a rapaza teme que comentara algún dos moitos segredos que sabe e que lle poden afectar á xente da vila e a ela mesma. O que si descoñece é quen roubou o valioso libro que don Venancio lle ten que devolver ao bispo. P