Na vila de Santalla ninguén está exento de sobresaltos, sobre todo Álvaro, que recibe, como se dun pesadelo se tratase, a visita do que se daba por morto Ramón Balseiro, sorprendéndoo en plena noite mentres o ameaza cunha pistola. Aínda trastornado polo encontro, o capataz vaille deixar claro a Lupe que está ao tanto de todas as súas intrigas con Daniel, o xerente da granxa, pero Lupe parece non estar ao tanto da falsa morte de Ramón, ata que atopa unha notiña na casa. Namentres, Sara Cabanas permanece n...