Santalla amence cun novo escándalo: o inspector que investiga o caso do invernadoiro atopou probas inequívocas de que o accidente non foi tal, senón que se trata dun caso de sabotaxe. Manuel e Tomás pescudan que o culpable está en casa dos Lamela, mentres que Pedro ameaza a Álvaro por deixar cabos soltos.Pedro ofrece a Marcos que se asocien, cre que xuntos poderían facer grandes cousas, pero o mozo ten outras preocupacións in mente que intenta afogar aferrándose cada vez máis á bebida. A actitude de Marc...