A marcha de María a Vilariz deixa a Marcos inmerso nunha profunda tristeza, non entende o por que da decisión da súa noiva.O novo traballo de Álvaro no bar non parece ser precisamente do seu agrado, polo que cando Pedro lle ofrece regresar ao seu lado non o pensa nin un minuto aínda que, desta vez, será el quen impoña as súas regras. Elías decide seguir o exemplo das mulleres do pobo e cultivar as súas propias flores para sacar uns cartiños, aínda que a cousa non será tan doada como elimaxinaba.Mentres t...