A proposta de matrimonio de Marcos a María emociona e descoloca á moza Cabanas. Terá que pensalo seriamente. Na súa familia a noticia non deixa a ninguén indiferente. María xa tarda en dar unha resposta ante a desesperación de Marcos.O anel de pedida é tan bonito que Carmiña quere que María llo preste. Ante a negativa desta, Carmiña afirma que xa ten un e que non precisa outro. Pero agora terá que demostrar a existencia dese anel. Elías conseguirá un á conta de Elvira, da relación de Carmiña cos Cabanas ...