A vida nova de Santalla está a cambiar ao máis pintado e Manuel Cabanas xa non é o labrego tímido que era tempo atrás quedando na casa, senón que vai de xolda xunto a Freire e Tomás á casa deste. Pero Cosme está indignado con Manuel porque cre que non é a actitude axeitada dun home feito e dereito como é o fillo. Amais, Manuel decátase de que perdeu a carteira con todos os cartos necesarios para mercar unha neveira, o que supón toda unha fortuna para os Cabanas, e tamén comeza a sentir unha atracción cad...