Os habitantes da vila agardan o permiso para a construcción do invernadoiro. Manuel Cabanas está preocupado porque dubida da postura do alcalde sobre o tema, e as malas experiencias no pasado seguen a mantelo en garda contra Pedro.Asemade, un poema composto por Elías é o detonante para que en Santalla comece unha febre polo lírico facendo que a imaxinación de Senén voe poética con Deli de protagonista. A praza de María en Santalla segue no aire e o seu futuro está nas mans de Dona Laura, quen se afana en...