Toda a vila de Santalla amence abraiada polos poderes dun tal Uri Gheler que ten en vilo a todo o mundo, e isto fai que se propague a fama e que Senén descubra que tamén ten poderes mentais que lle permiten cambiar a realidade. De feito, comeza a ter medo dos seus poderes por se acaso non os pode controlar, mentres que outros xa pensan en como tirar beneficios económicos.Doutro lado, Tomás está disposto a amosar o seu arrepentimento polas súas actitudes no pasado e quere axudar o pai e os veciños de Sant...